As empresas de Visit Arousa colaboran para posicionarse mellor no mercado

    MEAÑO> Visit Arousa continúa apostando pola colaboración empresarial. A asociación mantense fiel ao espírito que marcou o seu nacemento e estuda a posibilidade de comercializar produtos deseñados polo conxunto dos seus membros. Para aprender máis sobre o mellor xeito de estreitar esta colaboración, onte e hoxe participaron nunhas xornadas de formación con Tirso Maldonado, director da plataforma Witcamp.

     

    Os membros de Visit Arousa estudaron durante dúas xornadas as mellores opcións para estreitar a súa colaboración. Fixérono cunhas sesións formativas sobre promoción turística online dirixidas por Tirso Maldonado, director da plataforma Witcamp.

    A constitución de Visit Arousa no mes de abril xa foi unha declaración de intencións. Agora, a decena de empresas que compoñen a asociación están dispostas a facer unha fronte común para incrementar a súa competitividade.

    Modelar a cooperación para que as empresas comecen a traballar como unha soa é o primeiro paso. O seguinte, todo un reto: conseguir facerse un oco en internet.

    Hoteis, adegas, axencias de viaxes ou pazos abertos ao público son as empresas que compoñen Visit Arousa, que non pecha as portas á entrada de máis membros. Iso si, os aspirantes deben cumprir un requisito fundamental: a aposta polo turismo de calidade.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/xornada_turismo_quinta_san_amaro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/xornada_turismo_quinta_san_amaro.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí