O PSOE de Rianxo denuncia a falla de criterio do goberno local nas actuacións de abastecemento

RIANXO> O PSOE de Rianxo carga contra o goberno de Rianxo en Común pola falla de criterio e a escasa transparencia no desenvolvemento das obras de saneamento e abastecemento que se están a executar no municipio, unha circunstancia que, segundo eles,  converte ó Concello nun mercado onde se regatean os dereitos da veciñanza en función da presión que cada colectivo poida exercer.

Poñen como exemplo desta situación o acontecido no lugar da Devesa, na parroquia de Asados, cuxa actuación ía a ser incluída xunto ás obras da Marquesa e finalmente quedou fóra, sen que os veciños se lles informase de nada.