BOIRO> O Concello porá a disposición dos propietarios que o desexen un servizo técnico de asesoramento.
Co fin de fomentar o comercio e hostalería locais, dous dos sectores máis afectados durante a pandemia, o executivo boirense vén de presentar unha proposta coa que pretende adaptar os baixos comerciais baleiros e destinalos a vivendas de uso turístico. A iniciativa, que partiu da propia área de Urbanismo, contribuirá tamén á recuperación de determinadas zonas urbanas deprimidas como é o caso da rúa Principal ou a avenida de Barraña.
A proposta poderá saír adiante para aqueles locais que cumpran unha serie de requisitos, como son especificacións técnicas en canto altura ou superficie. Para iso, o Concello habilitará un servizo de información municipal, a onde os propietarios interesados poderán dirixirse para solucionar tódalas dúbidas que vaian xurdindo.