O Arosa rexeita manter o campo da Lomba a cambio de cortas extra

VILAGARCÍA> Despois de varios desencontros a directiva do Arosa acordou coa Fundacón de Deportes de Vilagarcía que esta se siga encargando do mantemento do campo a cambio de introducir no convenio que manteñen unha nova obriga: que se realicen varias cortas extraordinarias de herba ‘co obxectivo dea xustarse ás necesidades do club respecto dos encontros que teña que desputar’. Nunha reunión mantida a tres bandas entre presidente do Arosa, Manuel Abalo, a presidenta da Fundación de Deportes, Elena Suárez, e dous representantes da actual concesionaria do servizo, tamén se abordou a necesidade de repoñer o tepe á maior brevidade posible par ao céspede prenda de novo e nona parezan calvas no tapiz. A labor, segundo convenio, correspóndelle ó club, polo que Abalos e comprometeu a controlar que os terróns do tepe se coloquen tras cada adestramento e logo de cada partido. Ademais, a Fundación, con persoal do club, comprobarán o estado das instalacións o día despois dos encontros baixo a supervisión dun técnico da concesionaria. Acadado este acordo, o ente municipal sacará agora a concurso o servizo de mantemento vexetal en instalacións deportivas de Vilagarcía, que incluirá a sega dos prados dos campos de herba natural, cas oda Lomba e do estadio de Atletismo de Fontecarmoa, recorte de bordos, fertilización, toma de mostras e analíticas de solo, vixilancia fitosanitaria e limpeza de maleza.