Turismo e gastronomía a cegas

    RIBEIRA> A ruta sensitiva de Arousa Norte continúa espertando interese a medida que se desenvolven as súas actividades. Durante a xornada de hoxe, un grupo de persoas visitou o miradoiro de Valle-Inclán e degustou un elaborado menú, pero cos ollos pechados para estimular o resto dos sentidos.

    Arousa Norte leva tempo desenvolvendo e potenciando o turismo accesible para persoas que sofren algún tipo de discapacidade visual ou auditiva. Vista a boa acollida das diversas actividades, a mancomunidade abre horizontes e ofrece experiencias sensitivas ó público en xeral ca condición de manter os ollos pechados. Nesta ocasión foron 12 persoas, relacionadas con entidades turísticas do Barbanza, as que se puxeron os antefaces para vivir unha visita e unha degustación inesquecibles. Todos aseguran que se lle agudizaron extraordinariamente o resto dos sentidos. Os participantes experimentaron durante toda a xornada as emocións dun invidente e tamén, por suposto, as súas dificultades. Ao rematar o encontro, cada un deles tivo que encher unha enquisa co fin de seguir mellorando este produto e por suposto o turismo accesible para toda a comarca.