SALNÉS> Volveu a competición no tenis de mesa despois do parón de Nadal. A última xornada non foi nada boa para os intereses dos conxuntos do Salnés xa que perderon tanto Liceo Casino como Establecimientos Otero.
Non lle sentaron ben as vacacións ós xogadores do Establecimientos Otero que tras sete victorias nos últimos oito partidos este semana caeron con estrépito ante o Club del Mar da Coruña (1-5). E iso que as cousas non comezaron nada mal despois da victoria no partido inaugural de Kazeem Ahmed sobre Juan Enseñat por un claro 3-0. Sen embargo, de ahí en diante, todo derrotas para os cambadeses. Nin Adrián Vidal nin Fernando Padín puideron sumar nos seguintes encontros. Todo semellaba que podía decidirse no enfrontamento no cuarto punto entre Ahmed e o chino Zhao. A victoria foi para o xogador do Club del Mar da Coruña, por 0-3 e puxo ó seu equipo no global cun claro 1-3 que os locais xa non foron quen de remontar.
Así as cousas o conxunto coruñés adianta na táboa a un Establecimientos Otero que perde a terceira posición e cae á cuarta, deixando así os postos de ascenso.
O que sigue sen erguer cabeza é o Liceo Casino que perdeu na pista do Monteporreiro por 4 a 2. Os vilagarciáns desinfláronse sobre todo despois da derrota no cuarto encontro de Nigeruk con Conic Daniel. A victoria e o bo papel realizado por Ramón Mampel non foron suficientes para levarse o triunfo de Pontevedra. O Liceo sigue último na táboa cunha única victoria en doce partidos.
A semana que ven haberá derbi en Vilagarcía, entre Liceo e Establecimientos Otero. Será o sábado a partires das 17:00. No precedente da ida, gañaron os de Santo Tomé por 5 -1.
Redacción Salnés