Uns mil escolares participan na exhibición da Policía Nacional en Ribeira

RIBEIRA> Na demostración contouse con varias unidades policiais entre os que se atopaban un helicóptero, guías caninos ou os tedax.

A Policía Nacional organizou esta mañá no estadio municipal da Fieiteira unha exhibición policial de diferentes unidades. O obxectivo desta demostración non era outro que dar a coñecer o traballo que realiza a diario este corpo de seguridade do Estado, achegando o seu labor aos máis cativos.

Na demostración, ante uns  mil escolares, pertencentes á totalidade dos centros de educación primaria do municipio, contouse coa participación de varias unidades policiais como é o caso da cabalería, os guías caninos ou os tedax, que se encargan da detección e desactivación de explosivos.

Aínda así un dos momentos máis gardados por todos foi a chegada do helicóptero…

Na exhibición participaron máis de medio cento de axentes, entre as unidades especializadas da Policía Nacional, e da propia comisaría ribeirense, así como tamén Policía Local, ambulancias e Grupo de Emerxencias Municipal.