{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/14/plan_emprego_deputacion_1404161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/14/plan_emprego_deputacion_140416.mp4{/flowplayer} A CORUÑA> A Deputación da Coruña aposta forte en materia de políticas laborais. Este xoves presentábase o novo plan de emprego local ó que o ente provincial destinará trinta millón de euros, ata o ano 2019. O obxectivo é a creación de tres mil empregos directos. Dende a súa chegada á Deputación da Coruña, o actual equipo de goberno fixou como prioridade a promoción emprego. Con este obxectivo, investirá ó longo da presente lexislatura trinta millón de euros nun plan transversal de emprego que contribuirá á creación de tres mil postos de traballo tanto no ámbito público como no privado. No primeiro, aportará unha importante inxección ós concellos para a contratación de persoal municipal. Con respecto á iniciativa privada, incentivarase o emprendemento e a contratación de persoal a través de axudas a pemes e autónomos. Malia que o emprego non é competencia directa das administracións provinciais, dende a Deputación da Coruña aposta por unha estratexia global para facer fronte á lacra do paro que debe incidir nos colectivos con maior risco de exclusión laboral. Trátase dun plan moi ambicioso que multiplica por seis os recursos que se viñan destinando ó fomento do emprego. Ademais, dende a entidade traballan xa para conseguir fondos doutros organismos, acolléndose ós distintos programas europeos de emprego.
Inicio crb