RIBEIRA> O concello informou da adxudicación do subministro, mantemento e limpeza, mediante a modalidade de arrendamento, de 39 retretes portátiles que se instalarán nas praias do municipio durante a tempada de verán, así como a actividades culturais e festivas. A empresa Suministros Generales Manufacturados, S.L., foi a entidade adxudicataria, cun prezo anual ofertado de 20.500 euros, IVE incluído. Hai que recordar que segundo os novos termos do pliego de prescripcións técnicas, o contrato a formalizar recolle os anos 2014 e 2015, con posibilidade de prórroga a 2016. os areais nos que se instalarán estes WC’S serán Coroso, Vilar, Ladeira, Touro-Fontán, Touro- Furna Valeiras, Area Secada, Ameixida, Mosqueiros-Fonteseca, Castro-Catía, Prado-Campo da Agra, Corna, Río Azor, Prado e Tasca.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










