As familias que precisan alimentos son o colectivo que máis recorre a Cáritas

    VILAGARCÍA> A situación social desborda a Cáritas. Durante o 2013, atendeu preto de 4.000 persoas que se beneficiaron das máis de 40 mil actuacións da organización. As familias segue a ser o colectivo que máis reclama a súa axuda, pero incrementan o número de mulleres e baixa a media de idade.

     

    As familias con necesidade de alimentos son o colectivo máis numeroso de todos os que atende Cáritas. Máis de 1.000 recorreron á organización na procura de axuda no 2013.

    Despois de seis anos de crise económica, tamén muda o perfil dos que recorren a eles.

    Persoas de etnia xitana e drogodependentes teñen un importante peso nas cifras de Cáritas. Pero a organización alerta dunha tendencia perigosa: o incremento dos problemas relacionados co alcohol.

    Un dos servizos máis solicitados é o do comedor, que da de comer a 60 persoas ao día. Porén, non se rexistrou un incremento da demanda, como si sucedeu doutras axudas, como as de vivenda ou, sobre todo, da lavandería. 

    Pero a pesares destas malas cifras, dende Cáritas hai un espazo para a esperanza.

    Segundo as cifras recollidas na súa memoria do ano 2013, a organización atendeu a 3.878 persoas, 1128 veciñas de Vilagarcía.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/situacion_social_caritas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/situacion_social_caritas.mp4{/flowplayer}