Aposta pola xestión, vixilancia e control conxuntos do marisqueo

    POIO > Aumentar o número de mariscadores ata os mil e ofertar postos de traballo estables e cun soldo digno. Con este obxectivo, as confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó, entregaron na Xunta unha serie de proxectos conxuntos de mellora de xestión dos bancos marisqueiros e comercialización, vixilancia e asistencia técnica, rexeneración de bancos e seguimento do estado sanitario dos moluscos bivalvos.

    As confrarías de pescadores do fondo da ría de Pontevedra presentaron á Consellería de Pesca unha serie de proxectos colectivos por valor de 809 mil euros. Entre eles figura a vixilancia e asistencia técnica conxuntas, e o control e seguimento do estado sanitario dos moluscos bivalvos, ademais de colaborar coas universidade de Vigo e A Coruña na mellora da xestión dos bancos marisqueiros.

    Estas iniciativas buscan potenciar economicamente e consolidar o sector productivo das confrarías San Telmo de Pontevedra, san Andrés de Lourizán e San Gregorio de Raxo. Entre todas aglutinan a máis de 720 mariscadores pero a intención é crear novos de traballo e con maior estabilidade.

    A execución destas accións será organizada e supervisada por unha comisión xestora composta polo Consello de Administración da lonxa de Campelo e por dúas subcomisións, unha para marisqueo a pé e outra para os da flote. A comisión encargarase tamén de xestionar as subvencións a través da Lonxa de Campelo.

    Redacción Salnés