CxG presenta tamén alegacións á rexeneración das Xunqueiras

    POBRA> Entre outros aspectos os membros da formación galeguista piden tamén a conservación das antigas naves industriais alí existentes. Compromiso Por Galicia na Pobra do Caramiñal tamén decidiu presentar alegacións ó proxecto de rexeneración das marismas das Xunqueiras que promove a Demarcación de Costas en Galicia. Faino despois de recoller as propias solicitudes dos veciños durante un acto informativo celebrado hai varios días. Serán un total de oito alegacións, que segundo os membros da formación galeguista, pretenden ser construtivas, para mellorar un proxecto, que consideran produtivo para a localidade, e que deberá combinar dúas vertentes, a de ocio e a medioambiental. Ademais de mellorar a ubicación prevista para o observatorio ornitoloxico, unha maior protección da fauna existente neste ecosistema ou a contemplación dun aparcadoiro para a zona, que non figura, dende CxG na Pobra piden tamén o mantemento das naves industriais.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí