Récord de participación no Pequetrail de Lousame

LOUSAME> O Pequetrail de Lousame rexistrou este ano máis participantes, 57, que nas tres edicións disputadas ata o de agora xuntas.

O tempo acompañou cunha tarde soleada que animou á participación da rapazada e dalgún que outro pai ou nai, que quixo acompañar ó seu cativo.

A proba tiña lugar na contorna do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado a cada idade do neno participante.

O acto contou coa presenza da alcaldesa, Teresa Villaverde. Ela foi a encargada de entregarlles as medallas a todos os participantes, así como unha pequena merenda e un agasallo por ter tomado parte na proba.