O PSOE presenta aos seus candidatos ao Congreso por Pontevedra

    VILAGARCÍA> O Partido Socialista presentaba en Vilagarcía aos seus candidatos ao Congreso por Pontevedra. O seu número dous, Guillermo Meijón, asegurou que se confían neles, o PSOE non se vai esquecer de Vilagarcía e prometeu defendela empezando por conseguir facer da antiga Comandancia da Mariña un centro de saúde público.

     

    Na compaña do alcalde de Vilagarcía e os seus compañeiros de corporación, o Partido Socialista presentaba hoxe diante da antiga Comandancia da Mariña aos seus candidatos para o Congreso pola provincia de Pontevedra. Alí estaban a súa número 1, Dolores Galovart, o seu número 2, Guillermo Meijón, e o seu número 4, Antonio Vázquez, que aproveitaron a ocasión para presentar os seus obxectivos para os próximos catros anos.

    A súa número 1 afirmaba que, de ser elixida, se porá ao servizo dos cidadáns para escoitar as súas peticións e quixo recalcar os valores socialdemócratas do partido que proxectan en Galicia alcaldes como Varela ou Caballero.

    Alberto Varela aproveitou o lugar escollido para lembrar que no seu día se firmou un acordo polo que se lle cedería a antiga Comandancia da Mariña á Consellería de Sanidade para poder crear alí un gran de saúde.

    Galovart recalcou que da man do Partido Socialista é cando se conseguen máis políticas sociais e fixo súa a petición de converter a antiga Comandancia nun centro que sirva á sanidade pública.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/02/psoe_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/02/psoe_vilagarcia.mp4{/flowplayer}