A D.O. Rías Baixas traslada a deputados e senadores as súas inquedanzas

    CAMBADOS> O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas trasladou algunhas das súas principais preocupacións a deputados e senadores. O órgano aproveitou a visita dos membros das Cortes a Cambados para pór sobre a mesa dúas cuestións que preocupan ao sector: a blindaxe das marcas comerciais dos viños e a constitución da Comisión Interprofesional en Bruxelas.

     

    A Asociación Parlamentaria pola Cultura da Viña e do Viño marchou de Cambados con deberes da DO Rías Baixas.

    A blindaxe é unha das cuestións que máis preocupa á denominación. Reclama na nova Lei de Calidade se tomen as cautelas precisas para evitar prácticas irregulares.

    O presidente de Rías Baixas trasladou estas inquedanzas nunha xuntanza en Exposalnés, durante a que os senadores e deputados escoitaron as súas reclamacións.

    Ademais de reunirse cos representantes da Denominación de Orixe, os membros da Asociación quixeron coñecer de primeira man a realidade do sector. 

    Pola súa banda, o alcalde de Cambados presentou á delegación a Asociación Internacional de Enoturismo, recén constituída en Cambados e que pretende aglutinar a todo o sector.

    A asociación concluíu o seu paso por Cambados coa visita a Pazo Baión e a Pazo de Fefiñáns.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/senadores_cultura_vino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/senadores_cultura_vino.mp4{/flowplayer}