Feijoo anuncia o aumento de prazas de gardería nun 73% en Valga

    inauguracion_biblioteca_valgacopy.jpgVALGA> O Presidente da Xunta facía estas declaracións na inauguración da Biblioteca Padre Isorna situada no Auditorio Municipal.

    {flowplayer}images/salnes/FEIJOO_EN_VALGA.flv{/flowplayer}

    O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, reiterou, na visita ó concello de Valga o compromiso do seu goberno en materia de escolas infantís polo que se van crear 4.500 novas prazas de gardería ata 2013.

    Un compromiso do que tamén se beneficiará este municipio xa que incrementarán nun 73% o número de prazas públicas.

    O Presidente do ente autonómico facía estas declaracións durante a inauguración da Biblioteca Padre Isorna, instalada no Auditorio Municipal. Un espazo que recibe o nome dun galego ilustre, en palabras de Feijoo, grazas ó cal se puido crear esta biblioteca xa que doou 15.000 volumes e gravacións da súa propia colección. Por iso, convértese na primeira biblioteca pública de Galicia en Teoloxía. 

    Neste contexto, Núñez Feijoo resaltou a importancia da colaboración entre Xunta e concellos para levar adiante iniciativas coma esta.

    Destacou, ademais, durante a súa visita as melloras acadadas en materia de benestar neste municipio. No ámbito cultural salientou que a Xunta contribuirá a equipar a Casa Museo de la Bella Otero e dotarán de exemplares á Biblioteca do Padre Isorna para completala colección.

    Precisamente, a visita do presidente do goberno autonómico ó concello de Valga rematou na Casa Museo de La Bella Otero.

    Redacción Salnés