Formación en viticultura, a esencia do Salnés como saída laboral

VILANOVA> Remata a terceira edición do curso de elaboración de viños, impulsado pola Mancomunidade do Salnés. Oito alumnos formáronse nesta especialidade, a través de formación en adegas. Aprenderon as técnicas básicas de cultivo e coidado da viña, así como a elaboración do viño ou prácticas de laboratorio. Tamén a súa cata, como parte clave para ofrecer ao consumidor o mellor produto.

O alumnado do curso de elalboración de viños, que impulsa a Mancomunidade do Salnés dentro do seu programa de emprego, chega á súa fin. Oito alumnos recibiron 50 horas de formación nesta especialidade, nun sector clave para a economía da comarca.

A formación que recibiu o alumnado foi do máis completa, tocando tódalas partes do preceso de produción, dende o cultivo da vide ata que o viño se bota nunha copa. Unha aprendizaxe global, que permite a estes mozos saír de aquí listos para poñerse a traballar.

A súa formación tivo lugar en Pazo Baión, da man dos profesionais de Condes de Albarei. O papel da empresa privada -entende a Mancomunidade- é fundamental no impulso deste tipo de iniciativas formativas.

O programa de Emprego da Mancomunidade non se detén en xuño. Ao longo deste mes celebraranse dous cursos: o de dixitalización dcoumental e fotometría e outro de prevención de riscos laborais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí