Bertorella reclama maiores controis de entrada á lonxa

    RIBEIRA> Os membros desta asociación de vendedores de peixe fresco pretenden que se impeda a entrada á rula de persoas alleas a actividade portuaria e evitar que os particulares sen autorización mercan peixe na lonxa. É un problema que veñen denunciando dende hai tempo. A maioría dos profesionais que se dedican á venda de peixe fresco atópanse habitualmente con que particulares sen autorización, acceden ó recinto da lonxa de Ribeira, e mercan peixe na rula, o que para eles é un claro exemplo de competencia desleal. Esta situación está a provocar, segundo eles, a súa ruína, xa que as súas vendas resíntense considerablemente, é a moitos non lle queda máis remedio que pechar. Fartos xa de denunciar esta situación no concello, pídenlle ó executivo local e a Portos de Galicia, que dunha vez por todas asuman as súas competencias e impidan a entrada de persoas alleas á actividade portuaria.