POBRA > No período que media de outubro de 2004 a outubro de 2005, o numero total de visitantes que pasaron polas instalacións do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, segundo informou a concellería de Cultura que dirixe Antonio González Millán, achegouse ós 11.455 persoas.
O concelleiro de Cultura da Pobra do Caramiñal, Antonio González Millán, fixo un balance positivo respecto ó número total de usuarios que visitaron o Museo Valle-Inclán dende outubro de 2004 a outubro de 2005, período no que pasaron polo museo pobrés unha 11.455 persoas.
Nese total non só se recollen os visitantes que acoden ó Museo senón tamén os que entran en visitas guiadas, xeralmente centros escolares e grupos de turistas, así como os que percorren a ruta vital e literaria do escritor ou as rotas peonís nas que se dá a coñece-lo patrimonio histórico-artístico do municipio.
Facendo unha comparativa con anos anteriores obsérvase unha clara tendencia á estabilidade no número de visitas realizadas.
González Millán referiuse tamén a un feito realizado este ano por primeira vez, como foi promover exposicións fóra do ámbito estrictamente museístico, e que acadou un notable éxito, con mostras como “Tempos de Vela”, “Nobiscum” e Voces da Cultura”.
O concelleiro de Cultura pobrés agradeceu tamén as colaboración realizadas ó Museo por outras entidades, tanto públicas como privadas como foi o caso da Xunta de Galicia ou a Obra Social de Caixa Galicia.
De cara o ano que vén o Museo márcase como un dos retos máis importantes realizar un acto que coincida co 25 aniversario da súa fundación.
Redacción Barbanza