Espectacular broche de ouro para un San Bartolomeu do máis musical

    NOIA> Espectacular foi o broche final das Festas de San Bartolomeu de Noia. A música foi o punto forte desta fin de semana de celebracións na vila noiesa. Merche, David Civera e A Década estiveron capitaneados, na noite do sábado, polo recoñecido DJ Fernandisco. Os noieses non podía ter mellor xeito de despedir este San Bartolomeu 2016 que bailando. E iso foi o que fixeron esta fin de semana. O sábado a alameda de Noia encheuse de xente que danzaron e entoaron os grandes éxitos da cantante Merche, pero tamén do grupo que forman a nova Década, e do eurovisivo David Civera. Isto foi o sábado, pero como bos anfitrións da súa terra, ao día seguinte a orquestra París de Noia, conseguiu congregar a máis público se cabe. Ademais do ritmo da París, os que onte se achegaron a Noia puideron desfrutar dos tradicionais fogos de artificio e, por primeira vez, dun espectáculo lumínico proxectado na Igrexa de Santa María a Nova. Unha traca final de luxo para despedir unha semana de festas en Noia que foi todo un éxito.