Céltiga e Vilalonga remontan para gañar os seus partidos

vilalonga250_051009.jpgSALNÉS> A desta fin de semana foi unha xornada de remontadas. Fíxoo o Arousa no derbi ante o Ribadumia, o Vilalonga ante o Verín e o Céltiga, que tamén remontou un gol ante o ata onte líder Coruxo.

{flowplayer}images/salnes/terceira_051009.flv{/flowplayer} 

Primeiro pleno para os equipos do Salnés na Terceira. Houbo que agardar ata a séptima xornada para velos gañar ós dous xuntos.

O Céltiga fíxoo ante o líder, o Coruxo de Josiño Abalde, que voltaba cinco meses despois ó Salvador Otero. O seu equipo foi o que dominou e o que tivo as primeiras ocasións, nas botas de Tomás. O ex do Alondras non acertou coa portería ningunha das dúas veces. O único achegamento con perigo dos locais nos primeiros minutos levouno Hugo, que non atinou coa portería.

Sí que o faría ós 20′ Jacobo Campos, despois dunha boa incorporación pola banda esquerda. 

Intentou reaccionar o Céltiga. Primeiro avisou Óscar Blanco cun lanzamento dende fóra da área. Á seguinte, dende unha posición similar, o lateral decidíu colgala. O rexeite caeulle a Hugo que fixo o empate.

Na segunda metade o guión foi o mesmo. Dominio visitante e aguante dos de Pablo Vázquez, ata que de novo Óscar Blanco colgaba unha falta que remataba outra vez Hugo coa testa a gol (2-1). Tres puntos importantes para os de Illa que os colocan preto dos de arriba e confirman o seu poderío como locais.

En San Pedro victoria para o Vilalonga máis que sufrida, pero segundo triunfo consecutivo que os coloca na zona morna da xeral. Os de Gabi Leis tiveron que remontar dous goles na segunda metade. Mauri o 0-2 no 51′.

Pero a fe move montañas. Iso e que o porteiro visitante non teña o día. Sen facer nin de lonxe o alarde de xogo do inicio ligueiro os celestes remontaron. Primeiro aproveitando Manu un rexeite de Piollo a saque de falta de Saúl, no 64′. Poucos creron na victoria sobre todo cando a un cuarto de hora para o final Lozano era expulsado tontamente e o Vilalonga quedábase con dez.

Xusto despois, avisou Machu. No corner posterior o gol da esperanza. Miguel Vázquez marcaba por segunda xornada consecutiva cun excelente testarazo. 2-2 e quince minutos por diante.

A partir de ahí desatouse unha loita pola victoria. Ningún dos dous quixo conformarse co empate e deixaron o mellor para a prolongación. No 92′ o árbitro anulaba un gol do Verín por fóra de xogo. E no 95′, o delirio. Diego Blanco dende fóra do area aproveitouse do rápido estado do céspede e da mala tarde de Piollo para poñer o 3-2. Xa non habería tempo para máis. A victoria quedábase en San Pedro.

O AROUSA LEVOUSE O DERBI DA SENRA

Na Preferente Sur o Arousa é o novo líder da competición logo de impoñerse onte no derbi ó Ribadumia, por 2-3. Os vilagarciáns volveron a amosar que son un candidato ó ascenso facendo bo futbol e remontando o partido en apenas un minuto. Os locais fóranse 2-1 arriba ó descanso pero no 59′ Nelo, e no 60′ Camiño, colocaban o definitivo 2-3 que deixa ó Ribadumia en postos de descenso. Carducho non puidio debutar  no banquiño da Senra con victoria.

Do resto da xornada resaltou o meritorio empate a dous goles do Sanxenxo na Baiuca ante o Estradense, punto que lles serve para escapar momentaneamente do pozo.

Ademais, dúas derrotas: a do Portonovo en Vigo ante o Gran peña por 2-1, nun partido no que os de Baltar mereceron mellor sorte e derrota tamén para o Cambados, contundente, 5-0 en Aldán ante un Rápidpo Bahía que non deixa de sorprender e xa é terceiro.

Redacción Salnés