Noia apela a colaboración veciñal para rematar cos actos vandálicos no mobiliario urbano

NOIA> Nas últimas semanas foron varios os episodios deste tipo que se produciron na vila. A Policía Local e a Garda Civil xa identificaron a varios destes autores, todos eles menores.

Pasear estes días polo casco antigo e disfrutar da iluminación e a decoración de Nadal é xa un atractivo máis dos encantos da vila.

Son moitas as persoas, tanto veciños coma visitantes, que se achegan as diferentes prazas e rúas a fotografarse, para deixar unha imaxe para o recordo.

Aínda así, unha minoría parece non estar moi de acordo, e dedícase a destrozar ou roubar parte destes elementos decorativos.

É o caso de parte di alumeado das árbores da alameda, que desapareceu, como tamén lle pasou a un dos renos existentes nos xardíns de Felipe de Castro ou a varias decoracións das tendas do Cantón.

Ante a gravidade dos feitos, dende o Concello, apelan á responsabilidade, facendo unha chamada á colaboración veciñal para tratar de identificar ós posibles autores.

Este tipo de comportamentos incívicos representan un importante gasto para as arcas municipais, que agora deberá reponer ou arranxar tódolos elementos danados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí