RIBEIRA> O concello de Ribeira reforza o servizo de limpeza nas áreas de xogo e parques infantís do municipio. O servizo de limpeza de viaria acomete tarefas de limpeza e acondicionamento con frecuencia semanal e quincenal en función das necesidades de cada instalación.
O servizo de limpeza viaria está a reforzar dende hai varias semanas as tarefas de limpeza e e mantemento nos parques infantís. Acométense con carácter semanal ou quincenal, en función do nivel de uso de cada unha das instalacións.
O obxectivo é manter en bo estado os xogos e o pavimento no que xogan os nenos que precisa dunha limpeza manual moi exhaustiva.
Ademais da limpeza, acométese a reparación ou substitución daqueles elementos danados co fin de minimizar o risco e garantir a seguridade en tódolos parques.











