RIANXO> Os rianxeiros poderán facer as súas compras de Nadal no comercio de proximidade a prezos moi competitivos. O concello e a asociación de empresarios desenvolverán unha campaña de dinamización con actividades de animación e un mercado de artesanía. A visita de Papá Noel por tódalas parroquias abrirá a programación navideña en Rianxo. Un dos pratos fortes chegará os días 23 e 24 coa apertura de Mercarte, un mercado ó aire libre na praza Rafael Dieste, onde se poderán adquirir produtos artesanais do máis variado. O comercio local sumarase a esta iniciativa coa ampliación do horario de apertura e interesantes descontos nos seus artigos. Haberá actividades de animación paralelas para tódolos públicos. As actividades culturais terán continuidade o sábado cun concerto na praza da igrexa. O martes 29 e o mércores 30, o escenario será o mercado municipal onde se desenvolverán exhibicións de cociña e degustacións gastronómicas. Durante este Nadal desenvolverase ademais unha campaña de reciclaxe para fomentar prácticas ambientais nesta época de maior consumismo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia