Medio cento de equipos participarán no Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa

RIBEIRA> O torneo internacional de Fútbol Base en beneficio da fundación Aladina recalará este ano en Ribeira. Nesta sexta edición, conta con dous patrocinadores de excepción: Ramiro Carregal Rey e  Congalsa.

Un total de 53 equipos participarán no torneo que se desenvolverá na Fieteira entre o 20 e o 21 de maio.

Dende a organización apelan á participación e solidariedade dos ribeirenses e agardan superar os 10 mil euros recadados na pasada edición que se desenvolveu en Boiro.

Dende o concello destacaron ademais o importante retorno económico que supón este torneo como factor de dinamización da hostalería e comercio da comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí