Do mar ao prato sen saltar ningún dos pasos

    O GROVE> Porto Meloxo uniu esta mañá mar e cociña. A praia acolleu a primeira actividade do programa “O Grove km0” que consistiu nunha master class na que dous recoñecidos chefs da comarca cociñaron ás ordes de tres mariñeiros xubilados.

     

    Do mar ao prato, sen saltar ningún dos pasos. 

    Esta mañá en Porto Meloxo cociñouse como se facía dentro dunha dorna tradicional. E quen mellor para explicar as técnicas que os seus protagonistas.

    Os chefs Álvaro Fuentes e Paco Caneda puxéronse ao servizo de tres mariñeiros xubilados, que contaron aos cociñeiros e a un grupo de nenos do Grove os seus segredos para cociñar unha caldeirada de raia e asar unhas sardiñas.

    Unha master class de luxo cuns resultados máis que satisfactorios. Se algo non fixo falta explicar, foi como se deixa un prato ben limpo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/10/lembrando_mar_prato.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/10/lembrando_mar_prato.mp4{/flowplayer}