![]()
CALDAS> Esta mañá reunise en Caldas de Reis a Xunta de Seguridade Local. Nesta reunión salientouse a baixa taxa de criminalidade deste…
{flowplayer}images/salnes/seguridade_local_caldas.flv{/flowplayer}
… Concello, que se mantén relativamente estable nestes últimos anos.
Caldas é pois un dos Concellos máis seguros da contorna debido, en gran parte, á excelente comunicación que existe entre a policía local e o destacamento caldense da Garda Civil. Ámbolos dous corpos manteñen unha xuntanza formal mensual, e unha comunicación informal diaria, ó que contribúe en gran maneira ó seu bo reparto das tarefas. Vendo os datos estatísticos polo miúdo, cabe salientar a violencia de xénero. O pasado ano e o presente está a haber máis denuncias que no 2009, ó que non significa que houbese máis violencia senón que cada vez hai maior concienciación a cerca de que denunciar é a única maneira de acadar protección e garantir a integridade física e moral das víctimas.
Neste senso no que vai de ano houbo 9 denuncias por outros tantos casos de violencia de xénero, co que hai 11 casos activos con risco baixo e 10 órdenes de protección, repartidas entre a policía local e a garda civil.
Outro dos delictos que repuntaron o ano pasado foron os roubos en vivendas, por mor da acción dunha banda organizada que xa foi detida. Á marxe, hoxe por hoxe, advirten ós propietarios de vehículos que extremen as precaucións ante o rebrote do número de roubos en coches. No eido das denuncias de tráfico, o gran volume de tráfico rodado que transita por este Concello, propiciou que o número de infraccións detectadas ó volante ascenderan ás 450, na súa meirande parte por alcoholemias e uso indebido do móbil. Estas multas derivaron na subtracción de 1752 puntos do permiso de conducir.
Redacción Salnés







