As peticións de axuda á AECC dóbranse en Pontevedra por mor da crise

PONTEVEDRA> As peticións de axuda aos servizos sociais da Asociación Española de Loita contra o Cancro a nivel provincial duplicáronse nos últimos anos, un traballo que se complica debido á falta de apoio institucional. Este mediodía recibiron unha das poucas aportacións públicas: un convenio coa Deputación por valor de 20 mil euros.

 

A crise tamén dificulta os traballos da Asociación Española de Loita contra o Cancro. Segundo a organización, nos últimos tempos en Pontevedra incrementouse de xeito preocupante o número de persoas que recorren aos seus servizos sociais: ata un 48% máis.

Para axudalos neste labor, a Deputación de Pontevedra asinou esta mañá un convenio coa asociación por valor de 20 mil euros.

A esta cantidade sumarase unha axuda de 6 mil euros a través de Servizos Sociais especializados da Deputación destinada a pagar tratamentos ás persoas con dificultades económicas.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/10/axuda_cancro_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/10/axuda_cancro_deputacion.mp4{/flowplayer}