A xunta investirá máis dun millón de euros nunha senda peonil de Vilagarcía a Vilanova

VILANOVA> A xunta de Galicia inviste máis dun millón de euros nunha senda peonil dende Vilagarcía ata Vilanova de Arousa. A obra estase levando a cabo nas dúas marxes dun tramo de máis de 3 quilómetro da PO – 549. Con este proxecto tamén se mellorarán na zona as recollidas de augas pluviais e os sistemas canalizacións.

A xunta de Galicia continúa a súa aposta pola mobilidade sostible e pon en marcha un proxecto para crear unha senda peonil dende Vilagarcía ata Vilanova de Arousa. A obra estase desenvolvendo nas dúas marxes da PO – 549 e afectará a un tramo de 3 quilómetros, dende Vilaxoán ata Caleiro.

A obra terá un custo de máis dun millón de euros e ademais da senda peonil inclúe melloras na estrada, e nos sistemas de canalizacións e recollida de pluviais.

Dende Vilanova destacan que con estas obras, a súa vila estará conectada con Vilagarcía, A Illa e Cambados con sendas peonís.

A unión destes catro concello supón conectar a máis de 70 mil persoas, a palabras de Durán, un núcleo de catro vilas que forman unha cidade difusa. Con este proxecto, a Xunta xa proxectou máis de 20 quilómetros de sendas peonís na comarca do Salnés. A seguinte crearase para unir Caleiro co centro de Vilanova.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí