RIBEIRA> Unha nena de oito anos foi evacuada esta mañá ó Hospital da Barbanza despois de que o vehículo no que viaxaba xunto con súa nai sufrira unha saída de vía. O accidente producíase na zona de Valverde, na parroquia ribeirense de Corrubedo, ó redor das nove e media desta mañá. O turismo acabou envorcado e a nena quedou atrapada no seu interior, polo que foi necesario realizar labores de excarceración. Ata o lugar do accidente desprazáronse varios equipos de emerxencias, do parque de bombeiros, Protección Civil e tamén Policía Local, así como unha ambulancia, que se encargou de trasladar á cativa ata o hospital. Segundo apuntaron fontes presenciais a nena ía consciente e o seu estado non revestía gravidade.
Inicio BARBANZA