RIBEIRA> Ribeira honrará á súa patroa con catro días de celebracións. As festas de Santa Uxía desenvolveránse do 12 ó 15 de setembro combinando actos litúrxicos cunha ampla oferta de lecer.
O xoves 12 de setembro será o día principal das festas de Santa Uxía con especial protagonismo dos actos relixiosos.
En paralelo, o concello de Ribeira programou unha serie de actividades culturais nas que destaca unha variada oferta musical coa Orquestra Mondragón como cabeza de cartel, que ofrecerá un concerto o sábado.
A asociación de hostaleiros colabora tamén na celebración coa organización dunha festa de temática dos 80 que terá lugar o sábado 14 durante toda a xornada.
A tradición e a cultura estarán tamén moi presentes no programa co actos como a exposición ‘O Camiño da Arte’ ou a rúada do traxe tradicional.