Morre unha muller nunha cafetería na Praza de Barcelos

    PONTEVEDRA > Carmen Maquieira, de 68 anos de idade e veciña do concello de Barro, falecía no mediodía do 17 de xaneiro na Cervexaría Hipopotamus da Praza de Barcelos. Padecía doenzas cardíacas e acababa de saír da consulta do seu cardiólogo.

    Ás doce da mañá, os empregados dun establecemento hostaleiro de Pontevedra foron testemuñas dun desafortunado suceso: unha muller que acababa de entrar a tomar unha auga, falecía pouco despois de atoparse indisposta no interior do local. As causas da morte están por esclarecer, anque todo apunta a que puido deberse a unha parada cardiorespiratoria.  

    Precisamente momentos antes do desenlace dos feitos, a víctima saía da consulta do seu cardiólogo. Segundo testemuñas presenciais, a muller, acompañada por unha moza que podería sela filla, non tiña forzas para abrir a porta do establecemento e, unha vez axudada a entrar, no interior, comezou a atoparse indisposta e xa non foi quen de consumila auga que acababa de pedir. Os camareiros do local chamaron inmediatamente ós servizos sanitarios e pronto chegou unha ambulancia ó lugar, anque segundo as testemuñas os sanitarios non foron xa quen de reanimala. Os empregados deste establecemento hostaleiro estaban consternados ante o fatal desenlace que viviron en primeira persoa.  

     

    Redacción Salnés