31 persoas optan a un posto no Grupo de Emerxencias Municipal

    RIBEIRA> A intención do concello pasa fundamentalmente porque o grupo entre en funcionamento a partir do mes de xullo e que estará composto por un capataz e seis peóns. A convocatoria de prazas para cubrir o novo Grupo de Emerxencias Municipal que vai poñer en funcionamento o concello de Ribeira a partir do vindeiro mes de xullo está a levantar unha enorme expectación, presentándose un total de 31 candidatos. Sete serán as prazas a cubrir, un capataz e seis peóns. Para o posto de capataz aspiran 16 persoas, mentres que para as prazas de peóns figuran un total de 30, dándose a circunstancia de que 15 idos candidatos concorren en ambas convocatorias. Segundo informaron fontes municipais este próximo venres darase inicio ó proceso selectivo polo sistema de oposición libre coa constitución do tribunal cualificador e co desenvolvemento das probas físicas no complexo deportivo da Fieiteira a partir das nove e media da mañá. Os aspirantes terán que realizar probas de natación, forza e resistencia. Os que superen esta fase terán que afrontar nas vindeiras datas sucesivos exames: unha proba de coñecementos, outra de carácter práctico e outra de coñecemento do galego. Unha vez constituído o grupo, o seu persoal encargarase de realizar tarefas e labores propios da prestación de servizos de emerxencia, como poden ser a intervención en incendios forestais e urbanos, intervencións en situacións derivadas de riscos naturais, así como tamén se contempla a súa participación nas actuacións e intervencións materiais do servizo de protección civil.