![]()
RIANXO> O patrón maior fixo un balance positivo da campaña, na que o volume de capturas superou as 142 toneladas e a facturación ascendeu ós 361 mil euros.
{flowplayer}barbanza/balancepecheboudevara.flv{/flowplayer}
Despois de cinco meses de actividade, de novembro a marzo, os barcos de Rianxo dedicados ó bou de vara, deron por concluída a campaña deste ano, coincidindo ademais coa festividade da Semana Santa. Segundo o patrón maior, Baltasar Rodríguez Alcalde, en liñas xerais pode considerarse boa. En canto ó volume de capturas, ascendeu ás 142 toneladas, facturándose por riba dos 361 mil euros.
Volandeira
A volandeira voltou ser a especie máis abundante. En total contabilizáronse máis de 117 toneladas. Por detrás quedaron outras especies coma o chopo con preto dos 12 mil quilos, a lorcha 2.800, a nécora 2.468 ou a faneca con pouco máis de dous mil.
Redacción Barbanza










