O executivo noiés respostará a tódalas alegacións presentadas ó PXOM

    NOIA> Semanas despois da toma de posesión, o novo goberno de Noia traballa xa na tramitación do PXOM. A intención do executivo é respostar de forma individualizada a tódalas alegacións presentadas. Tamén iniciarán unha rolda de contactos co resto dos grupos para participar na elaboración dun dos documentos máis importantes a nivel municipal. O novo executivo noiés está a traballar xa co equipo redactor do PXOM para dar contestación ás máis de dúas mil alegacións presentadas ó documento. No seu compromiso coa transparencia e a participación tentarán tamén dar voz ó resto da corporación invitando ós grupos da oposición a achegar as súas aportacións. Mentres non se proceda á aprobación definitiva do documento, os cidadáns poden volver a solicitar licenzas urbanísticas xa que o pasado vinte e oito de xuño finalizou o prazo legal de dous anos de suspensión. O urbanismo rexerase mentres tanto polas normas subsidiarias do 91. Os veciños que teñan dúbidas con respecto á nova normativa poden dirixirse ós servizos técnicos do departamento de urbanismo do concello.