O Multamóbil pontevedrés comezará a funcionar a partires do luns

PONTEVEDRA> A partires do luns os condutores pontevedreses estarán máis vixiados. A vindeira semana comezará a funcionar o Ollomóbil, máis coñecido como Multamóbil polos veciños da cidade. E é que o seu obxectivo é ese: localizar aos infractores e dar parte aos axentes para que procedan coa multa correspondente.

 

Os condutores pontevedreses terán un novo azoute a partires do luns. O Multamóbil comezará a patrullar as rúas a vindeira semana, na procura dos infractores.

O concello fixo hoxe a presentación oficial do vehículo. Foi na Praza de España, ante a mirada atenta de moitos curiosos, permitindo que o Multamóbil comece co seu labor de disuasión.

Pero como funciona este ollo chamado a velo todo?

A intención é que os pontevedreses se acostumen pouco a pouco a este novo axente, que percorrerá todas as rúas da cidade.

Así que xa saben, se circulan por Pontevedra non deixen de pór moito ollo ao novo Móbil do concello.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/11/ollomobil_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/11/ollomobil_pontevedra.mp4{/flowplayer}