PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra solicita a creación dunha Comisión de Investigación. O obxectivo, estudar e pedir explicacións de todos os contratos executados polo BNG nos últimos anos. A petición debaterase no Pleno municipal de marzo.
O PP de Pontevedra pide a creación dunha Comisión de Investigación para analizar todos os contratos que, segundo eles, o BNG adxudicou a familiares, amigos e cargos públicos da súa formación.
Esta Comisión de Investigación tería diferentes obxectivos. Por unha banda, esclarecer a necesidade de ditos contratos, así como tamén os seus criterios de adxudicación. Ademais, os populares queren saber tamén se se analizaron as posibles incompatibilidades e se puxeron en coñecemento dos técnicos a posible existencia de conflitos de intereses. Por último, esta Comisión trataría de esclarecer tamén que órgano de contratación ordenou estes contratos e quen foi o seu responsable. A proposta do PP irá a debate no Pleno municipal de marzo.