Volve o rastro máis solidario: a AECC abre en Gutiérrez Mellado

PONTEVEDRA> Volve un clásico do Nadal a Pontevedra. A Asociación Española contra o Cancro inaugurou unha nova edición do seu rastro solidario. Tralo parón do ano pasado por mor da pandemia, esta iniciativa solidaria está dispoñible dende xa no baixo do número 10 da rúa Gutiérrez Mellado.

Libros, complementos, pezas de decoración ou incluso mobles, son algunhas das cousas que poderán mercar se se achegan ao baixo do número 10 da rúa Gutiérrez Mellado. O rastro solidario da Asociación Española contra o Cancro xa abriu as súas portas.

Tras un ano de parón por mor da pandemia, volven con forzas renovadas e mantendo o seu tirón. Un grupo de persoas agardaba ás portas do establecemento a súa apertura para facer as primeiras compras solidarias.

A previsión é que o rastro estea aberto máis aló do Nadal, ata o 15 de xaneiro. No 2019 recadaron 20.000 euros e este ano agardan rondar esa cifra para seguir apoiando o labor que fan de acompañamento dos pacientes oncolóxicos e das súas familias.

O rastro estará aberto ao público de luns a sábado entre as 10.30 e as 13.30 e as 17.30 e as 20.30, con máis de 40 voluntarios que se encargarán de manter todo a punto para a clientela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí