Dous vixilantes do pósito rianxeiro sofren os ataques dos furtivos

    ataquesfurtivosrianxo.jpgRIANXO> A agresión producíase na praia do Bodión. Ó parecer trátase de vellos coñecidos nos distintos pósitos da zona por estas prácticas.

    {flowplayer}barbanza/ataquesfurtivosrianxo.flv{/flowplayer}

    Esta non é a primeira vez que os vixilantes da confraría de pescadores de Rianxo sofren as iras dos furtivos, que se ven acurralados cando realizan as súas prácticas ilegais. Neste caso os feitos tiveron lugar en varios días, nas noites do domingo e do luns, na praia de Bodión, cando dous dos vixilantes cos que conta actualmente o pósito rianxeiro sorprendían a un grupo de catro furtivos collendo marisco neste areal, segundo nos relatou un dos propios vixilantes agredidos.

    Medo

    Xosé é consciente da dificultade do seu traballo e de que cada vez corre máis riscos. Séntese indefenso e teme mesmo pola súa integridade física, ata tal punto que ten solicitado tamén unha orde xudicial de alonxamento para os agresores.

    Maiores sancións

    Dende a confraría rianxeira xa non saben o que facer para poñer fin a estes episodios, temendo que algún día aconteza unha desgraza maior.

    Investigación policial

    Os feitos foron denunciados no cuartel da Garda Civil de Boiro que continúa coas investigacións sobre todo o acontecido.

    Redacción Barbanza