Vendedores da ONCE de Ribeira denuncian acoso

RIBEIRA> Varios vendedores da ONCE denuncian a inseguridade ca que conviven diariamente. Segundo  explican, sofren ameazas e roubos de drogodependentes mentres están a traballar e solicitan máis vixilancia e que se tomen medidas de prevención.

Unha carta na que lle pide o xefe do executivo ribeirense, Manolo Ruiz, unha entrevista persoal para trasladarlle os feitos que denuncia. Segundo di, ten probas que verifican que a diario el, e outros vendedores da ONCE, sofren ameazas e roubos cando realizan o seu traballo.

Tamén explica que xa acudiu en varias ocasións ás autoridades, tanto a policía local como a policía nacional, pero presuntamente seguen sendo acosados. Temen pola súa integridade física e por iso piden máis vixilancia e que se tomen medidas.

O vendedor aproveita esta carta para denunciar que, de forma habitual, moitos coches aparcan enriba das aceiras e mesmo nas pasos de peóns. Dada a súa discapacidade visual, estes feitos supoñen un grave perigo.