Unha pintada na igrexa de Santa Baia enfronta ó cura e os fregueses

    BOIRO> Segundo os propios veciños o problema non vén máis que a acrecentar as diferenzas existentes co párroco dende a súa chegada á parroquia. ‘La única iglesia que ilumina es la que arde’. Esta pintada na porta grande da igrexa de Santa Baia, que o párroco local, Rogelio Freijo, non quere borrar, está a levantar a polémica cos seus fregueses. Ha quen di, que as diferenzas co párroco veñen dende máis lonxe, dende practicamente a súa aterraxe en Boiro, tras o falecemento do anterior cura, Francisco Justo Carou. Que se foron agudizando coa destitución de parte da anterior directiva de Cáritas Parroquial, coas que non compartía a xestión da entidade, e que agora están acabando de romper con este incidente. Aínda que ningún veciño quixo falar diante das cámaras, para así, segundo eles, non ter problemas co cura, todos coinciden ó sinalar que lle resulta estraño esta actitude do párroco, máxime cando o concello e mesmo un particular se puxeron en contacto co sacerdote para facérense cargo dos gastos da restauración da porta. Aínda que esta redacción non tivo ocasión de poder falar co cura, para coñecer de primeira man a súa versión dos feitos, hai quen sinala que a súa intención é deixala, para escarnio dos veciños de Boiro, xa que considera que foi algún deles, cos que mantén un efrontamento, os autores da mesma. O que si é certo é que a pintada , que ó parecer é unha cita anarco-comunista contra os templos cristiáns, está a levantar certa expectación en Boiro, e xa son moitos os veciños que se achegan ás portas do templo para sacar a súa propia instantánea da pintada para gardala e ter constancia do acontecido.