Os noieses poderán acceder a tódolos servizos municipais a través dunha APP

NOIA> O concello da Noia pon en marcha unha aplicación móbil que permite ós cidadáns estar ó día de toda a actualidade municipal. Proporciona información de utilidade e permite a realización de trámites na sede electrónica da administración.

Xa está dispoñible para a súa descarga a nova APP do concello de Noia. Esta nova ferramenta ‘Noia na túa man’ pon a disposición dos cidadáns unha serie de servizos que ademais de facilitar os trámites e as xestións coa administración, proporcionan información de utilidade ós usuarios. Ademais dunha sección de novas, conta cun acceso directo á sede electrónica e un enlace a teléfonos de interese.

Aínda que tamén dispón de versión web a aplicación incorpora importantes vantaxes como o sistema de xeolocalización ou unha sección de avisos mediante notificacións ós usuarios.

O concello colocou carteis informativos por todo o municipio para a descarga da APP. é tan sinxelo como escanear o código QR que aparece impreso e xa terán ‘Noia na súa man’.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí