A décima edición da BTT Concello de Rianxo terá lugar o domingo 12 de febreiro

RIANXO> Baixo a organización da Peña Ciclista Castro Barbudo o vindeiro domingo 12 de febrero vai disputarse a décima edición da Marcha BTT Concello de Rianxo.

Despois de varios anos con restricións debido ás normas covid, o evento trata de recuperar este ano o protagonismo de edicións anteriores.

Incluiranse tres percorridos en función da dificultade, con tres rutas de 32, 50 e 72 km.

Como en anos anteriores, complementarase a proba en BTT coa realización tamén dunha andaina de 20 quilómetros.

Na organización da proba colabora o Concello, dende onde animan tamén á participación.

Na marcha e na andaina agárdase unha participación superior ós 600 deportistas.

As inscricións xa están abertas, podéndose realizar ata o vindeiro mércores, 8 de febreiro, a través da web de emesports. A inscrición ten un custe de 20 euros.

Dende a organización quixeron agradecer tamén ás empresas e casas comercias o seu apoio coa proba, xa que sen a súa axuda sería imposible poder celebrala.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí