A xira benéfica de Valle Innova chega este sábado a Ribadumia

VALLEINNOVA copia.jpg RIBADUMIA> Ás oito do serán no Auditorio representarán ‘A próxima estación’. Os seis euros da entrada doaranse ó Proxecto Home.

{flowplayer}images/salnes/TEATRO_VALLE_INNOVA_120112.flv{/flowplayer}

Ribadumia será o próximo concello que acolla unha das representacións benéficas que está a realizar a compañía de teatro vilanovesa Valle Innova. Porán en escena ‘A próxima estación’, unha obra sobre os camiños que escollemos na vida en función das decisións, atinadas ou erradas, que tomamos.

A directora da compañía advirte de que se trata dunha obra moi crúa e realista, polo que non recomenda a asistencia a menores de 16 anos.

Os seis euros que custa a entrada doaranse ó Proxecto Home, entidade coa que está a colaborar Valle Innova.

A actuación será este sábado, ás oito do serán no auditorio municipal de Ribadumia.

Redacción Salnés