O Galo Fodorico xa ten data e hora para o seu enterro

POIO> Este sábado 25 de marzo as 20:00 horas teñen unha cita en Poio. O Enterro do Galo Fodorico porá fin o entroido poiense. Fodorico Augusto Bastante finou aos 29 anos de idade e será incinerado o vindeiro 25 de marzo na praza de Arís en Poio. Así os poienses porán fin ao entroido deste 2017. O cortexo fúnebre sairá da praza do Mosteiro e rematará coa incineración na praza de Arís, onde terá lugar a lectura do testamento. Posteriormente haberá unha verbena na hora de Fodorico, a cargo do Trío Azabache e unha degustación de chourizo, orella e costela por 3 euros. Outro punto forte desta celebración ten que ver coa Festa do Choqueiro. Sinalar que para todos os que queiran haberá autobuses que sairán dende o convento pasando polos Canos, Vilanoviña, castiñeira e Cruce do Palomar ata Arís, onde haberá instalada unha gran carpa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/ptac_galo_fodorico_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/ptac_galo_fodorico_poio.mp4{/flowplayer}