PONTEVEDRA> Xa está aberto ao público o tradicional mercado da Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra. Dende hoxe e ata despois de Reis, poderán realizar as súas compras solidarias no local deste ano, o número 14 da rúa García Camba, en pleno centro da cidade. O ano pasado grazas a esta iniciativa a asociación recadou preto de 25.000 euros, que destinaron a sufragar as súas actividades e á investigación do cancro.
O baixo do número 14 da rúa García Camba, en Pontevedra, é dende hoxe un punto de solidariedade. Ata despois de Reis acollerá o mercado da Asociación Española contra o Cancro.
Dende 1 euro ata os 120 que custa o obxecto máis caro, un belén artesanal, no mercado poderán atopar numerosas opcións para regalar ou regalarse.
Estará aberto de luns a sábado, en horario de mañá e de tarde. Nada disto sería posible sen os 70 voluntarios que se ofreceron para cubrir as quendas.
Carmela sabe do que fala. Sufriu o cancro na súa familia e ela mesma é paciente desta enfermidade. Para a asociación só ten palabras de agradecemento.
Porque recordemos que todo o recadado neste mercado solidario irá destinado a manter as actividades gratuítas que a asociación realiza durante todo o ano para pacientes oncolóxicos e as súas familias. Tamén dirixirase a apoiar a investigación do cancro.
O mercado solidario da Asociación Española contra o Cancro estará aberto, como dixemos, de luns a sábado, pola mañá de 10 e media a 1 e media e pola tarde de 5 e media a 8 e media.











