O PP asegura que a Fiscalía investiga un presunto delito na Festa do Mar do 2014

POIO> O Partido Popular de Poio deu hoxe a súa visión das presuntas irregularidades na contratación da Festa do Mar do 2014. Onte o BNG anunciaba que o edil de Turismo terá que comparecer como investigado ante o xuíz que, segundo insistiu Ángel Moldes, está a investigar un posible delito de prevaricación. Os populares negaron que estean a buscar réditos políticos, e aseguraron que non pedirán a dimisión de Xosé Lois Martínez. Onte o BNG de Poio facía público que o seu edil de Turismo terá que comparecer ante o xuíz para dar conta de presuntas irregularidades na contratación da Festa do Mar do 2014. Os nacionalistas falaban dunha “cuestión menor”. Algo que non convence ao Partido Popular. Foi unha denuncia do PP ante a Fiscalía a que orixinou a causa. A formación presentou informes nos que os técnicos municipais advirten de presuntas irregularidades nas contratacións. Agora, o Ministerio Público explica por que se alteraron os procedementos. Deste xeito, Moldes saíu á palestra para defender á formación das acusacións que onte lles lanzaba o BNG. O voceiro popular asegurou que xamais buscaron rédito político. Moldes acusou ao goberno de actuar con prepotencia, e asegurou que na Festa do Mar do 2016 volvéronse producir anomalías na contratación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/pp_festa_mar_edil_turismo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/pp_festa_mar_edil_turismo.mp4{/flowplayer}