PONTEVEDRA> O Rotary Club e Frutas Moncho colaboraron hoxe co programa Porta a Porta. O fixeron coa doazón dunha tonelada de froita fresca. Ata os almacéns da empresa de alimentación pontevedresa desprazáronse hoxe os voluntarios deste programa municipal.
Con esta doazón preténdese dar resposta ás necesidades de todos os veciños. Unha tonelada de froita fresca que, dende o goberno municipal, aseguran que axudará a 200 familias en situación vulnerable. Cabe destacar que como son produtos perecedoiros, os voluntarios dispoñerán do crédito de 1.000 euros doado polo Rotary Club en función das necesidades diarias. Neste sentido, o Rotary realizou tamén outra doazón de 1.000 euros para o Banco de Alimentos e repartiu preto de 40 tablets entre os hospitais da área sanitaria. Por outra banda, a entidade pontevedresa tamén doou 500 euros á Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e 750 á asociación Boa Vida. Un exemplo de solidariedade nesta crise sanitaria.