Primeira victoria do Céltiga a costa do Ribadumia

ILLA> Os de Rial impuxéronse (3-0) grazas a dous tantos de Manuel e outro de Ero. O Ribadumia apenas inquietou a portería defendida por Marcos.

{flowplayer}images/salnes/derbi_270910.flv{/flowplayer} 

Primeira victoria para o Céltiga que lle serve para distanciarse da zona baixa da xeral e coller un pouco de confianza de cara ós vindeiros compromisos. Foi a costa dun Ribadumia que xa é penúltimo da xeral e que continúa a dar síntomas de debilidade, sobre todo en defensa.

O encontro quedou practicamente visto para sentencia na primeira parte. Ós 25 minutos os de Rial xa mandaban por 2-0 con goles de Manuel e Ero. O marcador deulle tranquilidade ó conxunto local parea afrontar o resto do partido, mentres o Ribadumia xogaba en longo, sen apenas resultado. Antes do descanso Juanito puido poñer a puntilla cunha falta directa que se foi ó pau. Antes Beni mandara unha á cruceta.

A mellor dos de Carducho tívoa Roberto, pero atopouse cun Marcos moi inspirado nas súas dúas intervencións.

Na segunda parte mellorou o Ribadumia, pero non foi suficiente para inquietar a un Céltiga que marcaría o terceiro o pouco de comezar, de novo por mediación de Manuel.

Con este triunfo os da Illa quédanse en metade de táboa e a semana que ven visitarán ó pechacancelas, A Peroxa. Mentres o Ribadumia volverá a xogar na casa, onde recibirá ó Pontellas.

Redacción Salnés