AMENCER-ASPACE: 25 anos, 25 persoas, 25 desexos

PONTEVEDRA> 25 globos con 25 desexos e 25 anos que leva Amencer-Aspace exercendo a súa actividade en Pontevedra. A Asociación comezaba hoxe a semana de celebración coa que quere conmemorar o seu cuarto de século de vida e usuarios, familiares e pontevedreses en xeral se achegaron ata a praza de España para pedir unha maior integración social.

Cada globo portaba un desexo, un reclamo, unha petición para todo aquel que a quixera escoitar ben foran administracións, empresarios ou simples veciños. Os usuarios da asociación Amencer-Aspace que trata con persoas de parálise cerebral comezaban hoxe a celebración polos seus 25 anos rodeados das súas familias e amigos, caras coñecidas e autoridades que quixeron pedir hoxe con este acto de solta de globos un mundo máis xusto para eles. Entre os desexos: deporte e espectáculos adaptados, maiores facilidades na educación, ou camas para os seus familiares nos centros hospitalarios.

A semana que ven continuarán cos actos que se pecharán cunha xornada completa co nome de “Avanzamos” na que se abordarán aspectos médicos, científicos e lúdicos. A Asociación pretende que con estas actividades a sociedade coñeza mellor a súa labor.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/solta_globos_amencer_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/solta_globos_amencer.mp4{/flowplayer}